26/10/16

#Poesía e auga

Memoria dos afogados




As aldeas de Aceredo e Buscalque, na provincia de Ourense, foron asulagas en 1992 trala construcción do encoro de Lindoso. Anos máis tarde unha seca amosou no medio do val as casas, rúas e igrexa como pantasmas espidos. Os medios de comunicación difundiron aquela imaxe que chegou a Dores Tembrás, a quen lle nasce a poesía da sua ollada oscura e serea. Daquela nova de 2012 xurdeu o seu poemario títulado "Auga a través", editado por Apiario en formato plaquette.





"fechar a porta con chave
para que non entre a auga

esperanza

agardar por un encabalgamento
cando só hai final de poema"






O pobo asulagado de Aceredo non só foi rescatado para a literautra senon tamén para o xénero documental; os directores Cesar Souto e Luís Avilés coa axuda da productora  Amanita films reconquistarán para a memoria visual a aldea que baixo a auga aínda latexa.
Os seus habitantes non piuderon salvar nin terras nin fogares máis con algunhas cámaras domésticas grabaron un valioso documento etnográfico e histórico. Alén do íntimo amosan a tensión entre o existencial e o político, os valores doutras vidas que xa forman parte do pasado, que tamén quedaron asulagados, neste caso non pola auga senón pola abstracción do tempo. Estas testemuñas forman parte do documental "Os días asolagados".









No hay comentarios:

Publicar un comentario